"EuConAlfredo": o alcalde de O Barco arranca a carreira ás primarias do PSOE

photo_camera Alfredo García (Archivo).

O candidato socialista iniciou o proceso de recollida de avais, que se prolongará ata o 8 de xaneiro

Baixo o lema "EuConAlfredo", o socialista Alfredo García comezou o proceso de recollida de avais para a súa candidatura nas eleccións primarias a secretario xeral do PSOE provincial. Un proceso que durará ata o vindeiro 8 de xaneiro e no que cada militante socialista ourensán poderá respaldar a un dos dous candidatos que se presenta ás primarias "para que Ourense avance".

O alcalde de O Barco, Alfredo García, presenta unha candidatura sólida, renovadora e feminista, que busca crear unha executiva con persoas novas co que desenvolver "un proxecto colectivo de alma municipalista" que mellore as estruturas do partido.

García defende que "cada militante e simpatizante do partido conte, teña voz e presenza, e partícipe do proxecto e da organización". Entre os obxectivos do candidato a secretario xeral do PSOE destacan a organización e mellora da estrutura do partido, traballar para obter a alcaldía de Ourense en 2023 así como acompañar a acción política dos cargos e cadros socialistas.

Te puede interesar