Alianza entre dez municipios polo aforro enerxético

Instalación de placas solares. (Foto: Archivo)
photo_camera Instalación de placas solares. (Foto: Archivo)

Os concellos implicados instalarán paneis fotovoltaicos e mercarán un vehículo eléctrico

Dez concellos que forman parte da Asociación de Desenvolvemento Rural Comarca de Ourense (Adercou) alíanse na busca do aforro enerxético. Concretamente son os municipios de Xunqueira de Espadanedo, San Cibrao das Viñas, Amoeiro, Coles, A Peroxa, Gomesende, Ramirás, Vilamarín, Nogueira de Ramuín e Pereiro de Aguiar, que realizaron un estudo para analizar os seus consumos térmico e eléctrico, buscan aforrar creando unha comunidade enerxética.

Así, cada un dos concellos instalará placas fotovoltaicas, bombas de calor e mesmo mercarán un vehículo eléctrico. Así, a finalidade reducir o consumo enerxético para o que os concellos contratantes lle ceden o uso destas instalacións a unha empresa de servizos enerxéticos que deberá efectuar a xestión e subministración enerxética.

O prego establece que a centralización das compras presenta grandes beneficios, tales como a aregación da demanda, o que permite a mellora da relación calidade-prezo, permitindo a rebaixa dos custos; a inclusión de obxectivos sociais, a profesionalización dos compradores ou a consolidación dunha planificación máis efectiva. O prazo de duración deste acordo marco será de dous anos e o valor estimado do contrato ascende a máis de 40 millóns de euros.

Te puede interesar