Amil descoñeceofertas da Xunta encol do muro da Veracruz

O concelleiro de Obras e Urbanismo do Carballiño, Manuel Amil Otero, indicou onte que 'nin o delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, nin os técnicos de Infraestructuras se puxeron en contacto con nós para facer a proposta de solución ó muro da Veracruz que o PP asegura ter recibido deste departamento autonómico'.
Unha proposta que 'non ten porque facer e remitir o Concello, xa que nós pensamos, como equipo municipal de goberno, que calquera cambio no proxecto da praza para o contorno da Veracruz ten que partir dunha decisión política ou técnica da Xunta', apuntou o edil nacionalista. No mesmo sentido, Amil Otero manifestou que 'o Concello non se opón a un reformado do proxecto, pero sí a unha paralización das obras que se están a executar nestes intres, e que se están a ralentizar a petición nosa'.

Te puede interesar