ÁREA METROPOLITANA

Amoeiro crea un servizo para evitar a “fuga" de escolares

O obxectivo é evitar que peche o colexio pola fuga de rapaces a outros centros, dando servizo ás familias que non teñen coidadores alternativos

Amoeiro quere  loitar contra o despoboamento coa estrea un servizo de atención temperá para evitar que a fuga de escolares a outros municipios acaba pechando o colexio. As familias dos alumnos do CEIP Otero Pedrayo poden este curso deixar os nenos no colexio dende as oito ás dez da mañá, onde son atendidos por profesionais. 

Os alumnos poden almorzar, xogar e repasar as distintas materias antes do comezo das clases, favorecendo a conciliación familiar dos proxenitores. A asociación de nais e pais do colexio chegou a un acordo co Concello de Amoeiro para lanzar este servizo. A administración local financia o 90% do custe, e as familias pagan o 10% restante, resultando unha cota de menos de 10 euros ao mes. 

"Nunca pasara isto, que un concello asumise todo o custo. No caso de Seixalbo, pagan o servizo as familias, pero aquí é o Concello o que asume a maioría.", sinala José Antonio Álvarez Caride, presidente da Federación de asociación de nais e pais de Ourense FAPA Ourense, que prestará apoia á anpa do centro para xestionar o servizo.  . 

O obxectivo principal é evitar que peche o colexio pola fuga de rapaces a outros centros, dando servizo ás familias que non teñen coidadores alternativos. Cren que esta medida favorecerá o asentamento de novas familias, para loitar contra o avellentamento da poboación.  

O CEIP Otero Pedrayo de Amoeiro conta con dos aulas de educación infantil e cinco de Primaria, cunha poboación. 

Te puede interesar