Amplíase ata o 11 de xuño a inscripción de emprendedores

O Concello de Ourense ven de ampliar ata o día 11 de xuño o prazo de presentación de propostas para optar ó "I Premio á Mellor Iniciativa Emprendedora do Concello de Ourense", unha iniciativa incluida dentro do programa municipal de fomento da cultura emprendedora, que premiará con 6.000 euros ó mellor proxecto empresarial que se desenvolva na cidade no presente ano 2010.
Poderán concurrir ós premios tódolos emprendedores que presenten un proxecto empresarial cuxa actividade principal se desenvolva no Concello de Ourense. Os interesados deberán presentar a súa proposta no Concello, achegando solicitude de participación, segundo o modelo oficial, fotocopia do DNI/NIE do solicitante e dos socios, e definición da idea empresarial/Plan de Empresa.

Os proxectos valoraranse seguindo un criterio de baremación cuantificado ata 80 puntos, que se distribuirán en catro conceptos: caracter innovador (ata 20 puntos), viabilidade técnica e económica (ata 20 puntos), creación de emprego: (ata 20 puntos) e utilización de recursos endóxenos do Concello de Ourense (ata 20 puntos).

Te puede interesar