Os veciños preparan durante os tres días 1.000 kilos de peixe

A anguía convertiuse no reclamo da festa de Barral

Asistentes á Festa da Anguía disfrutan do peixe protagonista da celebración. (Foto: MARTIÑO PINAL)
Barral, no municipio de Castrelo de Miño, celebrou onte a súa primeira xornada festiva das tres que adica a Virxe das Neves.
Como en moitas outras localidades a organización preparou unha programación na que se enclúen os cultos relixiosos e actividades de ocio, fundamentalmente, pasarrúas e verbenas amenizadas con orquestas e distintos grupos musicais. Pero os veciños deste pobo da comarca do Ribeiro quixeron ofrecer algo máis que resultase atractivo para os posibles visitantes e desta maneira, dende fai 19 anos, celebran paralelamente a Festa da Anguía, que se pode degustar durante os tres días (dende onte ata o martes) a partires das 19,00 horas.

A anguía frita ou en empanada converteuse nun importante reclamo para numerosas persoas que en cada edición non desaproveitan a ocasión para merendar ou cear en Barral.

Un grupo de 15 veciños encárgase de ter a punto o peixe. Primeiro, houbo que limpalo e conxelalo, para cociñalo cada día da festa garantindo a súa calidade. Para esta ocasión, a organización dispón de 1.000 kilos de anguía para que ningún comensal se quede sin saborear este prato.

Deste xeito, os organizadores afirman que a festa medra con cada nova edición, xa consolidada como un evento gastronómico.

Hoxe actuarán as orquestas Poceiro e Marimba e mañá o grupo D´Momento.

Te puede interesar