Antón Baamonde: "Prolongar a autovía de Celanova sería positivo contra o despoboamento"

Antón Baamonde. (HELENA RODRÍGUEZ)
photo_camera Antón Baamonde. (HELENA RODRÍGUEZ)
O ensaísta reflexiona sobre a conveniencia de pensar o sistema urbano galego como “unha cidade única”

O ensaísta galego e profesor de filosofía Antón Baamonde García (Vilalba, 1959) presenta hoxe ás 19,30 horas o libro “Unha nova Olanda”, no centro cultural Marcos Valcárcel. O historiador da arte Afonso Vázquez-Monxardín, xunto a Bieito Iglesias, presentará ao autor desta reflexión sobre a conveniencia de pensar o sistema urbano galego como “unha cidade única”, na que a conexión ferroviaria adquire o papel protagonista. 

 Ve Galicia como unha única cidade. Non é un pouco utópico?
Porque? Non. As cidades de Olanda están moi ben conectadas cunha rede de transporte ferroviaria. Pero tamén no País Vasco o proxecto que teñen é conectar todas as cidades do País Vasco cunha rede ferroviaria. A idea de conectar as sete cidades galegas, a través dunha rede de transporte ferrroviaria, paréceme non só un obxectivo plausible, senon que tiña que ser un dos grandes obxectivos de política territorial de Galicia. E xa sucede no propio tren entre Santiago e Ourense, unha conexión moi distinta do que era hai uns anos, que agora se chega en 40 minutos. Hai conexións moi importantes, sobre todo Ferrol-A Coruña, Vigo-Porto e Ourense-Vigo. Pero as interrelacións son moito maiores que o que eran no pasado.

A autovía de Celanova coa fronteira lusa está  de plena actualidade. Entra nas súas reflexións?

Si. Galicia ten un patrón parecido a Portugal no senso de que a poboación está na costa e o interior está despoboado. E a conectividade contribúe a que ese despoboamento se aminore, non que se revirta.

Esa autovía sería unha das solucións ao despoboamento?

Polo menos un factor positivo, si.

Fala de conexións sobre todo ferroviarias para conectar Galicia. Porén, o máis novo que temos é un AVE a Madrid. Cre que se mira hacia fóra e nos olvidamos de conectar Galicia?

Claro, case todos os expertos coinciden en que o AVE beneficia a Madrid. É verdade que pode contribuír aquí ao turismo, pero o acento habería que poñelo nunha boa rede de comunicacións interna.

Falta eliminar a fronteira política entre Galicia e Portugal?

A Unión Europea xa eliminou esa fronteira. Está o debate do papel succionador de Madrid, que é unha especie de gran pulpo. Iso está no debate público, pero o que non está no debate é unha idea fundamental que é que hai un continuum urbano que vai de Ferrol a Porto. Hai novas áreas económicas que sobrepasan as comunidades autonómas e os estados. O feito de que isto siga así fai que teña menos visibilidade no debate público español e que ás veces se viva de costas. Os portugueses falan de que en 10 anos o AVE irá de Lisboa a Vigo.

Os portugueses teñen máis clara a importancia desta área social e económica ca os galegos? 
Si. Por exemplo, non queren o AVE Lisboa-Madrid.

Te puede interesar