ENTREVISTA

Anxo Pérez Carballo: “Queremos chegar a ser a primeira forza sindical da provincia”

sdss
photo_camera MARCOS ATRIO

El hasta ahora secretario comarcal de la CIG en Ourense, Etelvino Blanco, anunció ayer que "xa hai unha candidatura consensuada e única á nova executiva do sindicato, que leva como candidato a secretario comarcal a Anxo Pérez Carballo"

Cáles serán os obxectivos prioritarios?
Chegar a ser a primeira forza sindical da provincia. Nestes momentos xa o somos en nivel de afiliación, entendendo esta como afiliación real, é dicir, cotizante. Ademais, fortalecer a organización interna. Somos unha organización moi grande, e non podemos deixarnos levar pola inercia da xa dilatada historia que temos. E crear unha canteira de cadros sindicais que favoreza os relevos xeracionais e na dirección do sindicato.

Qué me pode dicir da posible unidade sindical?
Sempre temos defendido a necesidade da unidade de acción para facilitar as conquistas necesarias para a clase traballadora, e esa posición ímola seguir mantendo. Apostamos pola unidade sen fisuras, mais pola unidade real, feita pola base, e non pola ficticia, simplemente acordada polas cúpulas. Se efectivamente UGT e CCOO apostan por recuperar a negociación colectiva; por afrontar sen titubeos a batalla e o reto de derogar as reformas laborais, apoiamos esa unidade.

Cáles son as prioridades dos traballadores que vades defender?
A prioridade número un é, sinxelamente, traballar. Pero non a calquera prezo. Estase impondo un modelo de relación laboral absolutamente desregulado, individualizado, precarizado e empobrecido. Outra prioridade é poder traballar no teu país. Eu son fillo de emigrante, e pai de emigrante, e asegúroche que a emigración forzosa, que é o que temos, é un dos peores castigos que pode sufrir un pobo.

Te puede interesar