SALUSTIANO MATO DE LA IGLESIA. CANDIDATO A REITOR POLO GRUPO “ALTERNATIVA UNIVERSITARIA”

“Aposto por Unha universidade moderna e sen complexos'

Él candidato a reItor por Alternativa Universitaria, Salustiano Mato. (Foto: Landín)
Salustiano Mato é o candidato polo grupo Alternativa Universitaria, aposta pola independencia do campus ourensán e o aumento das súas competencias.
1) En que se fundamenta o seu programa de goberno de cara ás vindeiras eleccións á Universidade de Vigo?
Despois de varios anos de crecemento queremos afianzar a esta Universidade na vangarda do coñecemento. Modernidade, calidade e internacionalización constitúen as bases sobre as que queremos construir o futuro da Universidade de Vigo. Unha universidade moderna e sen complexos que sexa recoñecida, en termos de calidade, dentro e fóra das nosas fronteiras.

2) Que lle parecen as políticas orzamentarias da Universidade?

O financiamento é unha das cuestións centrais do noso discurso, xa que non pedimos financiamento a fondo perdido. Apostamos por establecer un plano de financiamento onde o goberno estableza con claridade o papel que as universidades deben desenvolver na nosa sociedade. Deste xeito, as universidades deben de contar cos recursos económicos necesarios para garantir unha docencia pública de calidade, unha capacidade investigadora que alongue as fronteiras do coñecemento.

3) Que importancia ten no seu programa o proxecto do Campus de Ourense “A Porta de Galicia'?

Ourense é un Campus maduro no sistema universitario de Galicia. Cando impulsamos este proxecto quixemos reforzar os enormes vínculos entre o Campus e a cidade. Alternativa Universitaria leva anos traballando por que A Porta de Galicia sexa unha realidade, e niso estamos, e estaremos.

4) Considera viable a implantación dun tren lixeiro urbano na cidade, tal como anunciou o actual reitor Alberto Gago, tomando en conta a inminente chegada do AVE á provincia?

Trátase dunha proposta viable e necesaria. No noso programa existen propostas dirixidas á mellora dos transportes cara ó Campus. Non hai dúbida de que a implantación deste tren servirá para mellorar a calidade de vida do Campus.

5) A chegada do grao oficial en Ciencias Ambientais no Campus de Ourense é unha das maiores apostas académicas para o vindeiro curso. Que representa a súa chegada?

Este novo grado supón unha brisa de aire fresco para o Campus. Ciencias Ambientais é unha titulación exclusiva en Galicia que atraerá a moitos estudantes a Ourense e necesitará de recursos para a súa implantación. Dende o primeiro momento apostamos forte pola súa implantación e agora chegou a hora de garantir que se faga da mellor maneira posible. Asemade, simultaneamente á súa implantación, abriranse novas oportunidades estratéxicas no campo da investigación e a transferencia, que terán un gran impacto socio-económico en Ourense e a súa comarca.

6) Que necesidades en materia de infraestruturas considera que necesita o Campus de Ourense para garantir o benestar da comunidade univseritaria?

O Campus progresou moito na dotación de infraestructuras nos últimos anos. Así, unha vez se completaron as dotacións docentes e investigadoras básicas, progresouse decididamente nas infraestructuras necesarias para dotar de servizos á comunidade universitaria; deste xeito á Biblioteca Central seguíronlle a piscina, o CITI e, agora, as novas instalacións deportivas, en fase de construcción. Continuaremos progresando nas dotacións necesarias, par ao cal o proxecto de Patxi Mangado será a nosa guía. Ademais serán prioritarias as accións encamiñadas á reforma dos centros para que os espazos e dotacións de equipamento estean adaptadas a Bolonia, así como atender as necesidades de equipamento dos grupos de investigación.

7) Cales son as súas propostas principais para lograr a tan buscada descentralización do Campus coa cidade olívica?

O reflexo da independencia deste Campus reflíctese na aposta por aumentar o seu espacio competencial instalando dúas vicerreitorías en Ourense: unha, encargada de xestionar a actividade diaria do Campus e outra que se centre, específicamente, na actividade investigadora. Hai que recordar que en Ourense están moitos dos nosos mellores investigadores, e queremos dárlles o maior respaldo.

8) Séntese seguro da súa victoria nas vindeiras eleccións reitorais?

Estou seguro de que presento unha candidatura adecuada á realidade desta e que conecta coas necesidades. Esa é a miña gran victoria.

-Cal é a súa valoración sobre a precampaña electoral que está a facer o seu opoñente Jaime Cabeza por parte do grupo 'Nova Universidade'?

Jaime Cabeza está a facer unha campaña efectiva para que o coñezan na Universidade, pero sinceramente penso que é escasa en canto a contidos, unha cosa moi importante porque será clave para a posterior xestión dunha Universidades coma ésta.

-Cales son as principais fortalezas e debilidades que deteta no seu opoñente?

Coñezo ó seu equipo, pero ata finais de abril non saberemos nada do seu programa. Resulta complicado valorar a un candidato sen coñecer o que quere facer específicamente, por eso non quero entrar nese aspecto.

-Mantén algún tipo de amizade co seu rival, que opina del como profesional e docente?

Teño moi bo trato con Jaime Cabeza. Quero destacar que cando fun vicerreitor e director xeral de I+D+i da Xunta de Galicia pediume algún que outro consello.

-Cabeza apostou, como promesa de campaña, na reduccción do número de vicexerentes actuais na Universidade de Vigo.
Considera viable esta posibilidade, partindo da importancia que ten a xestión xerencial nunha institución educativa?
Depende do seu modelo de goberno que queira implantar na Universidade. Polo de pronto, tamén apostaba por reducir o número de vicerreitores e finalmente non o fixo. Nós propoñemos reducir vicerreitorias e quitaremos vicexerencias. Pero o través do aproveitamento dos recursos humanos propios poderemos eliminar moitos máis gastos operativos, maior reducción de cargos e encargos.

Te puede interesar