O Concello cambiará máis de 360 lámpadas por outras de última xeración

Arnoia aforrará 20.000 euros ó ano en enerxía

José Fariñas, Pablo Fernández (secretario) e Eliseo Diéguez, onte en Beade. (Foto: LR)
O desenvolvemento dun proxecto piloto de iluminación pública exterior no Concello de Arnoia permitirá acadar aforros enerxéticos próximos ao 60%. A actuación do Instituto Enerxético de Galicia (Inega) comprende o cambio de máis de 360 lámpadas ubicadas en distintos lugares do municipio: Reza, Porqueira, Sindin, Laixa, A Ponte, Oliveira ou Remoiño. No seu lugar instalaranse lámpadas de última xeración que permitirán, en total, un aforro enerxético de case 117.200 kilovatios por hora ao ano, o que supón un aforro económico próximo aos 20.000 euros por exercicio.
Neste sentido, o director do Inega, Eliseo Diéguez, sinalou que 'o Concello de Arnoia disminuirá a súa factura económica en torno a un 60% nas parroquias incluídas na mostra'. Así mesmo, o conxunto da nova instalación suporá unha redución das emisións á atmosfera de máis de 41.000 kilogramos de CO2 ao ano, que equivale á plantación de preto de 2.000 árbores. A actuación encádrase nun convenio no que participan outros dous concellos galegos ?Moraña e Boqueixón-, e os seus resultados servirán para estudar a imprantación de novas tecnoloxías de iluminación exterior, extrapolando os resultados obtidos a outros municipios da comunidade.

A presentación deste plan piloto tivo lugar onte na sede da Mancomunidade do Ribeiro, en Beade, asistindo Eliseo Diéguez e o alcalde de Arnoia, José Fariñas.

Te puede interesar