Fotografía

Atardeceres para "sacar algo bonito dun ano feo"

Beatriz Durán posa coa súa exposición "Reencontros e banalidades".
photo_camera Beatriz Durán posa coa súa exposición "Reencontros e banalidades".

A exposición "Reencontros e banalidades" dá vida ás paredes do Museo Municipal. A mostra amosa 59 luscofuscos fotografados por Beatriz Durán durante cada un dos 59 días de confinamento. As imaxes están á venda co obxectivo de recadar fondos para a Asociación Española Contra o Cancro.

A artista explica sobre o título da mostra que "algo banal é algo corrente, sen importancia, como unha posta de sol. Nunca lles dera importancia ata que chegou o confinamento. Entón os luscofuscos se converteron en momentos de reencontro conmigo mesma cando máis desexaba estar preto de familiares, amigos e compañeiros". 

As pezas da mostra veñen acompañadas de frases, relacionadas co estado de alarma ou incluso con O Principiño. En palabras da propia Durán, "relaxémonos e desfrutemos dos atardeceres, sacándolle unha cousa bonita a un ano feo".

Te puede interesar