A Audiencia examina as alegacións polo caso da estricnina

A Audiencia acollerá os días 27, 28 e 29 deste mes a repetición dun xuízo no que o acusado é un veciño de Castro de Escuadro (Maceda) procesado pola morte de un veciño con estricnina. Xa foi xulgado e condenado a 17 anos de prisión, aínda que foi excarcelado cando o Tribunal Supremo anulou como proba a súa confesión a un axente da Garda Civil, fundamental para o xurado popular que o condenou en Ourense.
Antes do xuízo, a Audiencia estudará hoxe as alegacións presentadas polos posibles integrantes do xurado popular que xulgará a José Antonio Lamela, considerado culpable no primeiro xuízo ao ter en conta, entre numerosos testemuños e informes periciais, a declaración dun axente policial que, de forma inesperada, afirmou que o acusado lle confesou o crime contra o seu veciño, pero sen asistencia letrada.

Os escritos do fiscal, acusación particular -a cargo da viúva- e defensa serán os mesmos que hai dous anos, pois a sentenza do Supremo invalidou o xuízo por incluír a proba anulada, pero non a investigación previa nin as calificacións das partes.

Segundo o escrito do fiscal, o acusado foi en coche ata un prado próximo á vivenda da súa vítima, onde sabía que acudía algúns días para dar de comer e beber ao gando, e deixou ao pé dunha cancilla unha bolsa de plástico que no seu interior tiña unha botella de viño tinto con estricnina, en cantidade abonda para producir a morte a calquera persoa que a tomase, ademais dunha lata de atún en conserva, outra de luras en aceite de xirasol, unha lata de cervexa e dúas mandarinas.

Te puede interesar