Autorizada a liquidación de Linorsa, concesionaria da limpeza en colexios de Ourense

Comisións Obreras empraza o alcalde Jesús Vázquez a que reciba de "urxencia" á representación sindical e ofrexa explicacións sobre a situación do servizo

O xulgado do mercantil número tres de Pontevedra ditou un auto no que autoriza a liquidación de Linorsa, empresa concesionaria da limpeza de colexios do Concello de Ourense.

Diso informou CC.OO. nun comunicado, no que recorda que as empregadas xa sufriron "graves atrasos" no cobramento dos seus salarios por parte desta empresa en 2015, que en 19 de abril de 2016 entrou en concurso voluntario, "deixando débedas a cada unha das traballadoras de ata 2.500 euros que, a día de hoxe, aínda están pendentes de pagar do Fogasa".

No auto do 25 de xaneiro, o xuíz autoriza a liquidación e retira totalmente a xestión e control da empresa á dirección, de forma que outorga 15 días á administración concursal para facer efectivo o reconto de activos.

CC.OO., que formalmente está no proceso concursal co fin de garantir os dereitos dos traballadores, empraza o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, a que reciba de "urxencia" á representación sindical e ofreza explicacións sobre a situación do servizo, despois da "prórroga irresponsable" que concedeu en xuño de 2015 á concesionaria.

Te puede interesar