CONTRATO DE 189.002 EUROS

Baltar autoriza o proxecto para arranxar o acceso a San Vicente

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, asinou a orde que autoriza a redacción do proxecto relativo ao trazado de acceso ao núcleo de San Vicente de Leira (Carballeda de Valdeorras). 

A sinatura tivo lugar o vindeiro venres, o mesmo día en que a corporación provincial aprobou en sesión plenaria unha moción sobre o arranxo da dita estrada OU-0807 a San Vicente de Leira. Baltar autoriza o gasto derivado do expediente de contratación, por importe de 189.002 euros, e dispón a apertura da fase de adxudicación mediante procedemento aberto e en trámite ordinario.

O pleno da Deputación de Ourense aprobou que no prazo de 10 días se licitaría a elaboración dun proxecto –cuxo decreto ben de asinar Manuel Baltar- de trazado que contemple unha solución definitiva que garanta a accesibilidade en condicións de seguridade dos veciños ao núcleo de San Vicente. O dito proxecto de trazado someterase a información pública coa garantía da participación dese proceso dos veciños.

Te puede interesar