Baltar: “Ourense ten posibilidades inmensas, agora toca reanimarse"

Resalta o peso da provincia e de Feijóo no resultados do 12-X

nnn O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, vén de ofrecer unha entrevista para os informativos de Telemiño, na que  valorou a recente maioría absoluta acadada polo PP nas eleccións autonómicas, o compromiso de Alberto Núñez Feijóo con Galicia, os riscos do Covid e o porvir da provincia de Ourense.

Por outra banda, Baltar definiu á Deputación que preside como "a máis social da historia", e "referente de xestión"  polas decisións tomadas con respecto á crise do covid, "cunha palabra clave en maiúscula nestes momentos, que é prudencia". 

"Os primeiros que mercamos material sanitario para os concellos e a veciñanza fomos a Deputación de Ourense ", alabou.

No referente ás axudas a autónomos, engadiu que "non houbo ningunha administración en España tan áxil na súa aprobación, tramitación e transferencia".


Regulamento do teletraballo


Ademais, anunciou un novo regulamento de teletraballo "que nos sinalará como innovadores". 

Consultado pola posible marcha de Feijóo á dirección nacional do PP , Baltar razonou así: "É o que sempre din os adversarios políticos coa esperanza de que, se marchara, poderían ter algunha posibilidade".

Tamén valorou Baltar o seu paso da contorna provincial á dirección do PP  galego como "ciencia ficción" e "encontros na terceira fase". "O sitio máis alto de Galicia é Ourense, con esas cumbres como Manzaneda é de onde tes a mellor panorámica para ver como facer as cousas e facer políticas a prol do interese xeral", defendeu o político ourensán. 

Ademais, o presidente da Deputación de Ourense alentou a superar o desánimo post-covid:  "Hai que reanimarse se todos cremos en Ourense e sentimos paixón.Temos posibilidades inmensas".

Chamou Baltar a "presumir con orgullo dun territorio no que se cumplen cen anos do primeiro número da Revista Nós. Ese pensamento político galeguista fainos estar orgullosos de pertencer a esta terra e ser descendentes dos xigantes da cultura", subliñou.


Análise electoral


No tocante aos resultados electorais, Baltar considerou que parte dos escanos logrados polo seu partido foiron consecuencia directa dun voto de castigo "en aqueles concellos que están a gobernar, coaligados ou por si solos, socialistas e nacionalistas". 

Máis aló, acusou ao PSOE ,e concretamente ao seu voceiro Rodríguez Villarino, de "covardía política e incapacidade para dialogar".

O presidente da Deputación de Ourense describiu tamén como "ataques á economía das persoas e as familias", a oposición de Villarino ás axudas a autónomos e pemes plantexadas polo PP, e incluso culpou ao cabeza de lista dos socialistas ourensáns de non respectar a xornada de reflexión, ao pedir o voto por redes sociais. "Creo que mentras o socialismo ourensán esté en mans desta personaxe, as posibilidades de acordo e consenso son cero", concluíu.


Un futuro para Ourense, "porta de entrada a Galicia"


O presidente da Deputación aclarou que o retraso de moitos dos proxectos por mor da crise sanitaria non conleva a súa cancelación.  Entre eles, estaría o Gran Balneario Termal, a chegada do AVE, “ que convertirá a Ourense na porta de entrada a Galicia", según Baltar, a declaración da Ribeira Sacra como Patrimonio Mundial da UNESCO, o Centro de Innovación para a Formación Profesional e o Parque Acuático de Monterrei.
 

Te puede interesar