semana da mobilidade

Barbadás celebra a semana da mobilidade con multas solidarias

Ao longo da semana, a Concellería de Educación programou actividades para concienciar á cidadanía da importancia da educación vial en idades temperás.

Barbadás deu o pistoletazo de saída onte a unha intensa axenda de actividades pola Semana Europea da Mobilidade, que implicará a redución da velocidade na avenida da Celanova da Valenzá a 30 quilómetros por hora. Ao longo da semana, a Concellería de Educación programou actividades para concienciar á cidadanía da importancia da educación vial en idades temperás. A primera foi un contacontos celebrado onte na Casa da cultura Manuel María. 

Este martes, haberá unha visita ás instalacións de Protección Civil, mentres que o xoves chegarán as patrullas de multas solidarias formadas por escolares, para concienciar a peóns e condutores e axudar aos máis novos as normas de circulación. 

Como colofón, o venres instalarase no Paseo dos Amieiros un circuíto ciclista infantil con xincanas, obradoiro de educación viaria e unha proba de habilidade cronometrada. Este circuíto ten como finalidade dar a coñecer os sinais de tráfico e as normas de educación viaria, ademais de ensinar a correcta utilización da bicicleta e a colocación do casco.


Límite 30 na Valenzá


"Co obxectivo de crear espazos máis amables e máis seguros para os peóns", segundo explica o Concello,  a velocidade na avenida de Celanova quedou onte restrinxida a 30 quilómetros por hora, unha medida que se estenderá ata o día 22 de setembro. 

Te puede interesar