Barbadás compra tres vehículos de gas licuado

Estes vehiculos  dispoñen de etiqueta ECO, con baixa emisión de CO2 á atmósfera

O Concello de Barbadás recepcionou onte tres vehículos que dispoñen de etiqueta ECO, con baixa emisión de CO2 á atmósfera, que contribuirán a “mellorar a flota do parque móbil”, afirmou o alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel. O financiamento para custear a compra dos vehículos é conxunto entre a Xunta de Galicia, que aporta 30.000 euros, en tanto que o Concello de Barbadás achega 19.500 euros.

O rexedor de Barbadás explicou no acto de recepción que “estamos na entrega de tres vehículos con distintivo medio ambiental 0 ou Eco que son unha mostra mais do apoio do Concello de Barbadás ao medio ambiente”. Valcárcel incidiu en que se trata “dunha aposta que xa se ven reiterando varios anos mediante a adquisición doutro vehículo que tamén tiña características similares, naquel entón era un vehículo cento por cento eléctrico, e tamén polo feito de que estamos substituíndo a iluminación do Concello por iluminación led”.

Rafael Sierra, concelleiro de Medio Ambiente, fixo fincapé na mellora da calidade do aire dos pobos e núcleos de poboación coa utilización deste tipo de vehículos. Falou da diminución “da contaminación acústica e do beneficio de que se consuman enerxías de fontes renovables e de menor pegada ambiental”.

Te puede interesar