ÁREA METROPOLITANA

Barbadás dá luz verde a 400.000 euros en obras

<p></p>
photo_camera Unha das votacións do pleno de onte, en Barbadás.

A oposición mostra dúbidas sobre o funcionamento da escola de música 

O goberno local de Barbadás poderá acometer a mellora da rede de saneamento do núcleo de Loiro, tras a aprobación no pleno de onte dunha modificación de crédito de 150.000 euros, na que tamén se inclúe a recuperación dun espazo etnográfico –canastros– , unha subvención para a nova asociación de familias con nenos autistas "Por eles", e a reforma do alumeado exterior na saída desde a rotonda do Carrefour cara a Valenzá, lugar onde aparcan moitos camións e onde as farolas sufren desperfectos.

Outro dos investimentos desbloqueados onte polo goberno de PSOE e BNG atinxe na súa maior parte ao proxecto de urbanización da rúa Salgueiriños, que ascenderá a 152.000 euros. Tamén se incluíu nese paquete o acondicionamiento da senda peonil na rúa da Presa o e outras dotacións, que suman en total 283.000 euros.


O estado da escola de música


Malia o acordo neses aspectos, o pleno no foi tan apacible no debate sobre o funcionamento da Escola Municipal de Música (EMM), que volveu confrontar á oposición co goberno local.

Todo veu tras unha moción levada a pleno por Compromiso por Barbadás, na que o seu portavoz, Ramón Padrón, reclamou a mellora da EMM tanto no seu funcionamento coma en equipamentos dos que carece. Precisamente, o pleno aprobara previamente un investimento de 1.500 euros para adquirir novo mobiliario para estas instalacións.

Na moción, desde CxB botaron en cara ao goberno que a EMM non sexa "referente" noutros concellos e puxeron enriba da mesa "as continuas queixas dos pais" polo "pouco ordenado" funcionamento da parte administrativa, e criticaron o seu estado.

Ademais, como tamén fixo o PP, falaron do posible "vacío legal" ao que aludiran os populares, ao descoñecer o funcionamento das asociacións que organizan as saídas dos alumnos fóra do centro. A formación de Chelo Vispo alertou de que os alumnos poderían estar actuando "sen seguro de responsabilidade civil" nas actuación fóra do centro.

Desde o grupo de goberno, Xosé Manoel Fírvida, do BNG, defendeu que hai "convenios" con asociación e que "só" están baixo o paraugas do Concello "no horario escolar".


Mocións do PP


En canto ás mocións do PP, o bipartito rexeitou a petición de poñer en marcha unha aplicación para informar aos grupos da oposición das queixas dos veciños. Tanto o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, como o teniente de alcade, Fírvida, dixéronlles que recoller queixas "é traballo seu", recordando que eles facíano "cando estabamos na oposición".

Si que prosperou a moción popular na que reclamaban que as obras que se fagan nos conxuntos etnográficos se realicen con empedrado. Malia apoialo, Fírvida lembroulles que durante o goberno do PP "asfaltaron todo". 

Te puede interesar