Barbadás poderá aforrar un 75% na factura da luz

Varias bombillas encendidas en una casa (PIXABAY)
photo_camera Varias bombillas encendidas en una casa (PIXABAY)
Barbadás reducirá con esta medida 36.000€ na factura da luz 

A Corporación de Barbadás celebrou onte un pleno extraordinario para a aprobación dun suplemento de crédito de 379.000 euros para a substitución de 558 luminarias por tecnoloxía LED no núcleo de Barbadás e Bentraces. Con esta medida reducirase en 36.000 euros a factura da luz, un 75%, tendo en conta ademais que o Concello xa realizou a substitución de preto de dous terzos das existentes no municipio. A concelleira do PSOE, Victoria Morenza, afirmou que “con esta actuación conseguiremos diminuír a contaminación lumínica e o custo do subministro eléctrico no alumeado público. Os veciños desfrutarán dunha tecnoloxía cunha capacidade de iluminación enorme a pesar do escaso consumo”.

Ademais, o pleno aprobou tamén outro suplemento de crédito de preto de 200.000 euros para facer fronte ás facturas de 2021 e 2022 de Gas Natural e Naturgy, así coma outros sobrecustos derivados da suba do IPC. Os concelleiros do PP e do BNG ausentánrose do pleno como medida de protesta ao haber un erro no envío da documentación sobre o pleno, polo que a medida saíu adiante cos votos favorables de PSOE, DO e a abstención do PG.

Te puede interesar