Barbadás premia aos comercios e as cafeterías mellor decorados

A Valenzá.
photo_camera A Valenzá.
O primeiro premio do xurado en escaparates comerciais foi para Ohana Baby&Deco 

Ohana Baby&Deco, cafetería Kibu, Donicela, Ourense Express e O Muiñeiro foron os establecementos mellor decorados con motivos navideños no municipio de Barbadás. O Concello fixo onte público o resultado do concurso de decoración de escaparates comerciais e hostaleiros do Nadal 2022. Nesta modalidade había tanto votación telemática (votaron 1.422 persoas) como xurado, nomeado polo CCA da Valenzá.

O primeiro premio do xurado en escaparates comerciais foi para Ohana Baby&Deco e o segundo para Donicela. Na categoría de hostalería, o mellor foi do Kibu e o segundo premio foi para Ouren Express. 

Na votación vía telemática, ganou Donicela no apartado comercial (543 votos) frente a Ohana Baby&Deco (465). No hostaleiro, gañou Ourense Express (311 votos), quedando segundo  O Muiñeiro (248).

Te puede interesar