Barbadás presenta os seus eventos para o 8M

photo_camera O Concello de Barbadás presentou no Centro de Información á Muller (CIM) do municipio o programa de eventos para conmemorar o día internacional da muller, que se celebra o 8 de marzo.
Entre a programación inclúese un ciclo de educación afectivo-sexual, un programa de emprego, obradoiros de defensa persoal, risoterapia e teatro.
O Concello de Barbadás presentou onte no Centro de Información á Muller (CIM) do municipio o programa de eventos para conmemorar o día internacional da muller, que se celebra o 8 de marzo. No acto participaron a concelleira de Igualdade, Elisabet González, e a directora do CIM, María Armada. Entre a programación inclúese un ciclo de educación afectivo-sexual, un programa de emprego, obradoiros de defensa persoal, risoterapia ou teatro. O propio día 8, terá lugar un acto nas inmediacións da rotonda da familia, onde o alumnado das escolas e institutos lerán poesías elaboradas por eles mesmos coa temática do 8M. González explicou no acto de presentación da programación que “as mulleres unímonos para celebrar e reivindicar o noso papel na sociedade e protestar contra as desigualdades que aínda existen e para iso programamos un amplo abano de actividades”. 

Te puede interesar