Barbadás propón alternativas para aforrar electricidade

MARTIÑO PINAL

Que os veciños aforren no recibo da luz ao mesmo tempo que se promoven as enerxías renovables de cara a un futuro máis sostible. Este é o obxectivo de Barbadás Enerxía, promovido polo Concello de Barbadás, que se constituirá a próxima semana e que pretende proporcionar un maior benestar e calidade de vida aos seus cidadáns, ao tempo que fomenta a sostibilidade e a eficiencia enerxética.

A constitución oficial de Barbadás Enerxía terá lugar o 3 de abril ás 18,00 horas na Casa Consistorial e a iniciativa, inspirada no modelo de Comunidade Enerxética presentado anteriormente. Representa un avance significativo na procura de solucións enerxéticas sostibles e accesibles para os cidadáns. A asociación ten como obxectivo principal promover o uso de enerxías renovables e sostibles na comunidade, co fin de reducir os custos de enerxía e contribuír ao coidado do medio ambiente. Durante a reunión de constitución, presentarase un plan detallado sobre como a asociación levará a cabo as súas actividades, así como as oportunidades de participación para os residentes.

Te puede interesar