O bispo de Ourense bendice as novas campás de Santa Mariña

Bendición das novas campás, onte, presidida polo bispo. JOSÉ PAZ
photo_camera Bendición das novas campás, onte, presidida polo bispo. JOSÉ PAZ
As campás chegaron esta mesma semana á capela en furgoneta, coa expectación do párroco e dos veciños

O bispo de Ourense, Leonardo Lemos, presidiu onte a eucaristía para a bendición das novas campás da igrexa de Santa Mariña do Monte. Catro veciños e o cura impulsaron a recuperación dos instrumentos que funcionaban como canle de comunicación e que se estragaran hai oito anos. Xuntaron os cartos e mandaron os instrumentos a fundir a Cáceres, tralo complicado permiso de Patrimonio.

As campás chegaron esta mesma semana á capela en furgoneta, coa expectación do párroco e dos veciños.  Alberto López, o párroco, foi un dos asistentes á colocación das campás, que pesan 130 e 60 quilos respectivamente. 

Tras la celebración eucarística de onte, na que participaron representantes institucionais como o deputado provincial Rosendo Fernández, os asistentes celebraron un ágape na Asociación de veciños de Santa Mariña do Monte, para festexar este día tan importante para os residentes neste núcleo do concello de Ourense. “Era o sentir popular”, sinalou o párroco, sobre a recuperación destes instrumentos para volver a tocar a man as campás. O sancristán será o encargado, a partir de agora, de facelas soar. Logo de toda a semana ensaiando, onte puido facelo diante de todos os fregueses e o propio bispo.

Te puede interesar