O BNG critica o freo a un obradoiro de emprego

O BNG criticou a perda da subvención concedida para a organización do obradoiro de emprego “Montealegre III”, por ter, segundo a concelleira Rhut Reza, “un alcalde que asume competencias a tutiplén, que non é capaz de exercer por ter un goberno minguado, máis preocupado en resolver as súas leas internas que nas necesidades reais da veciñanza”. Os nacionalistas lembran que en setembro foille condedida ao Concello unha subvención da Xunta para a posta en marcha e desenvolvemento do obradoiro de emprego “Montealegre III”. O BNG pregunta por que non se está executar ese obradoiro, que ten dous módulos, un de repoboacións forestais e tratamentos silvícolas e outro de pavimentos e albanelería de urbanización e dirixido a persoas en desemprego e inscritas como demandantes de emprego, “cuxa posta en marcha permitiría que 20 mulleres e homes puideran ter un contrato de nove meses no que compaxinarían práctica, formación cualificada e experiencia profesional percibindo o salario mínimo”.

Te puede interesar