O BNG critica que os autónomos ourensáns están discriminados nas axudas da Xunta

El sector servicios, uno de los que más autónomos perdió.

O deputado do BNG no Parlamento de Galicia, Iago Tabarés, rexistrou onte diversas iniciativas nas que “se pon de manifesto a discriminación cara os autónomos, e particularmente os ourensáns, na convocatoria de axudas para 2023 do programa Impacto Autónomo”. Para Tabarés, que a convocatoria só acepte as propostas presentadas por internet “limita o acceso á mesma aos autónomos con maior dificultade no manexo das novas tecnoloxías ou peor conexión a internet, o que atinxe principalmente ao rural ourensán”. “É por tanto a conexión a internet ou capacidade para contratar quen xestiona a solicitude o que determinará a concesión dunha axuda que con carácter xeral será de 800 euros”, recrimina.

Por outra parte, para os nacionalistas “resulta inaceptábel que o prazo se iniciase ás doce da noite do domingo cando é ben sabido que ía esgotarse o orzamento ás poucas horas, é dicir, de madrugada. Por se fose pouco, as traballadoras autónomas que durante este ano sufriron con máis crudeza a suba de prezos resultan excluídas ao esixirse uns beneficios mínimos de 10.000€ para poder aspirar ás axudas”.

Deste xeito, o BNG indica que “o procedemento imposto pola Xunta para a obtención das axudas dependerá non tanto do proxecto ou necesidade, senón da conexión a internet, algo que non resulta coherente co obxectivo teórico da convocatoria”, polo que reclaman que a Xunta dea explicacións e “rectifique este sistema claramente perxudicial para os traballadores autónomos de Ourense”.

Te puede interesar