O BNG defende unha tarifa eléctrica galega “por xustiza”

El BNG centra sus reivindicaciones en la energía
photo_camera El BNG centra sus reivindicaciones en la energía
El BNG centra sus reivindicaciones en la energía

O BNG defende que a enerxía galega “debe estar baixo control público galego” e ve “inxusto” que en Ourense, “sendo unha potencia eléctrica, haxa persoas que non poidan pagar a factura da luz”. A cabeza de lista ao Congreso do BNG por Ourense, Noa Presas, elixiu o encoro de Cachamuíña para presentar propostas en materia de enerxía, realizando un acto simbólico que consistiu nunha pancarta na que se podía ler: “Galiza produce, Madrid consume. Non ao espolio dos nosos recursos!”. Presa estivo acompañada polo portavoz municipal do BNG no Concello de Pereiro de Aguiar, Rubén García.

“A organización nacionalista defende a necesidade de que Galicia teña unha Tarifa Eléctrica Galega, por ser un país produtor excedentario de enerxía eléctrica, que permita beneficiar a cidadanía e faga que as empresas galegas sexan máis competitivas. Por xustiza”, explica o BNG, que reclama a reversión das concesións das hidráulicas para polas baixo control público, a través da súa transferencia a Galicia e a creación dunha empresa pública galega de enerxía. 

“Galicia é produtora excedentaria neta de enerxía eléctrica e, de forma concreta, Ourense ten unha enorme potencia hidráulica tendo máis do 50% da gran hidráulica. Pola contra, isto non serviu até o de agora para crear emprego en Ourense e para fixar poboación”, critica Presas.

“A presa de Castadón é un exemplo de como o Goberno central desaproveitou unha oportunidade de ouro para reverter as concesións hidroeléctricas”, sinala Presas.

A cabeza de lista ao Congreso polol BNG ironiza coa situación española e galega, “onde  hai empresas públicas italianas ou norueguesas decidindo que se fai e que se deixa de facer co sol ou co vento galego”. 

Te puede interesar