O BNG demanda medidas de impulso ás zonas industriais de Ourense

Bernardo Varela
photo_camera Bernardo Varela
Dende o BNG reclaman unha nova depuradora de augas residuais no Polígono

O BNG demanda medidas para mellorar os principais parques industriais de Ourense. Bernardo Varela, María Mangana e Xose Manuel Puga, deputados do grupo provincial nacionalista, anunciaron unha batería de medidas en prol dos polígonos empresariais máis importantes da provincia que levarán ao pleno provincial. 

“Para nos é fundamental a defensa do sector industrial da provincia de Ourense, entendemos ademais que o sector industrial é tamén o que ten traballo de calidade e esa forza de traballo sempre é quen mellores salarios ten, e que grazas as diferentes loitas sociais son os  que teñen mellores perspectivas sociolaborais”, sinalou Bernardo Varela.

Desde o BNG demandan a necesidade dunha nova depuradora de augas residuais no Polígono, logo de desvelar unha carta da Comisión Europea que confirma que o retraso no proxecto provocou a perda do financiamento europeo. Os nacionalistas tamén sinalan a necesidade de ampliación en San Cibrao e Pereiro de Aguiar e novo espazo en Paderne de Allariz. Conexión viaria entre parques, unha estación ferroviaria de mercadorías e un plan de Transporte Metropolitano son outras das medidas do BNG.

Te puede interesar