O BNG de Ourense esixe ao Goberno o saneamento do Barbaña

O BNG esixe ao Goberno que desatranque o saneamento integral do río Barbaña

“Non imos dar esta batalla por perdida”. O deputado no Congreso da formación nacionalista, Néstor Rego, visitou Ourense, acompañado polos candidatos nacionalistas aos concellos de Ourense, Barbadás e San Cibrao -Luis Seara, Sarín Núñez e Artai Gavilanes-, para lembrar que levan tempo insistindo neste saneamento a nivel local, galego, estatal e mesmo europeo. 

Rego instou á Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS) a acometer “canto antes” as obras de ampliación na depuradora de San Cibrao e lembrou que solicitaron especificamente no Congreso “que se desenvolvese un Plan para o saneamento e rexeneración integral do  Barbaña e mais do Loña”, iniciativa que non saíu adiante “polo voto negativo das forzas que conforman o actual Goberno, PSOE e UP, quen terían que explicar por que votan en contra”. 

Rego avanzou que esixirán ao ministerio que se poña de acordo “canto antes” co Concello de San Cibrao para a ampliación da depuradora e identificar os focos de verteduras incontroladas.

Pola súa banda, o candidato á alcaldía do Concello de Ourense, Luis Seara, destacou que malia atravesar o Barbaña o corazón da cidade, “Ourense nunca tivo unha relación simbiótica co río” e puxo de relevo que esta será unha cuestión “estratéxica” do seu grupo. Ademais, reclamou a  execución do proxecto de ampliación da depuradora de San Cibrao.

Te puede interesar