O BNG leva a “parálise” termal de Ourense ó Parlamento

Una de las pozas de las termas de Ourense, vacías
photo_camera Una de las pozas de las termas de Ourense, vacías

A deputada ourensá Noa Presas rexitrou varias iniciativas para, entre outros temas, reformar a lei do termalismo

O Bloque Nacionalista Galego, a través da deputada Noa Presas, presentou diversas iniciativas para “desbloquear a parálise do termalismo en Ourense”, así como para reformar a actual lei e incrementar os investimentos no sector. Segundo censuran, “na actualidade hai menos termas operativas dende que Feijóo accedeu ao goberno hai 14 anos”.

Dende o BNG afean a “nefasta” xestión política da Xunta “contraria ao modelo público” que xa existía na cidade, así como que o PPdeG facilitase a alcaldía en dúas ocasións “a unha persoa moi interesada en eliminar o termalismo”. Noa Presas cualificou o proceder da Xunta de “demolición termal”. Ao seu xuízo, Ourense “continúa sen investimentos e instalacións”, á vez que “non pode renunciar ao termalismo porque conta cun gran potencial, xera riqueza e unha importante actividade económica”.

As iniciativas rexistradas buscan, entre outros aspectos, a reforma da Lei de Termalismo e unha “compensación” a Ourense “pola desfeita destes anos”, dixo Presas. Ademais, o BNG solicitará nos orzamentos de 2024 “un plan económico de compensación para acometer todas as melloras que permitan a operatividade das instalacións termais” e “a creación de novos espazos e recursos”.

Te puede interesar