O BNG solicita no Parlamento unha comisión de investigación sobre a actuación das eléctricas

Na súa visita  á localidade de Viana do Bolo, tras o baleirado do encoro do Vao /Bibei que xestiona a eléctrica Iberdrola, a portavoz do BNG explicou que a Xunta “non impediu o baleirado”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, anunciou que o BNG solicitou no Parlamento galego unha comisión de investigación para esclarecer as “implicacións” da Xunta de Galicia no baleirado dos encoros por parte das compañías eléctricas.

Na súa visita  á localidade de  Viana do Bolo, tras o baleirado do encoro do Vao /Bibei que xestiona a eléctrica Iberdrola, a portavoz do BNG explicou que a Xunta “non impediu o baleirado”, a pesar de coñecer a intención das eléctricas, a través de dous correos emitidos os días 10 e 12 xuño. Na súa opinión, si o Goberno galego foi realmente coñecedor das intencións das eléctricas, “estaríamos ante un caso de prevaricación”.

Estado del embalse de Augas Mansas, en Viana. (C.C.)

A comisión de investigación solicitada polo BNG "debe analizar as consecuencias e responsabilidades do abrupto baleirado de encoros no ano 2021 e impulsar medidas de compensación".

A portavoz do BNG, acompañada pola deputada por Ourense, Noa Presas e membros do BNG da comarca criticou a “usura das eléctricas” pola  turbinación de auga e a aplicación dunha  “estafa diaria” que a cidadanía está a padecer nos últimos meses e sobre a que a  Xunta de Galicia e o Goberno central responden con “inacción” e permitindo o que cualificou de “atentado medioambiental”. Pontón tildou  de “usura” o comportamento das eléctricas e denunciou “a hipocrisía da Xunta” por ser  coñecedora de que Iberdrola tiña previsto baleirar os encoros. A Xunta, recalcou a nacionalista, mantívose “cos brazos cruzados durante dous meses” e no momento do baleirado utilizouno para a súa “confrontación estéril” co Goberno do Estado.

Te puede interesar