Política local

O BNG propón reabrir o cámping de Untes e sanear a parroquia

O grupo municipal do BNG no Concello de Ourense urxe retomar o proxecto do cámping de Untes, incluíndo o saneamento integral tanto da instalación como do núcleo poboacional. Segundo o BNG, "falamos dunha instalación pechada desde o ano 2015 e que precisa dunha fonda intervención para poñela de novo en funcionamento". Non foi ata o ano 2019, despois de que o propio Concello encargase un proxecto de reacondicionamento aos arquitectos Aurelio Outeiriño e Alberto de Paula, cando se retomou esta cuestión. O presuposto necesario ascende a algo máis de 800.000 euros.

Actualmente, existe no lugar unha fosa séptica autorizada e que polo tanto podería dar servizo ao cámping, máis desde o BNG valoran "acomenter un proxecto de saneamento máis amplo e ambicioso que abranguese tamén ao núcleo poboacional de Untes, o cal verte as súas augas residuais nun total de cinco fosas sépticas". 

Te puede interesar