O BNG insiste: baixada do IVE ao 4% e tarifa galega

A diputada Noa Presas sinalou que a situación é "insoportable" para as familias y as pequenas e medianas empresas

O BNG volverá saír á rúa para pedir medidas reais e efectivas que rebaixen o prezo da luz, logo de ter entregado xa en xullo 23.000 sintaturas para pedir “a fin desta estafa”. “Nin Xunta nin Estado están actuando con contundencia,”, dixo este xoves Noa Presas, na carpa que a formación nacionalista instalou na rúa do Paseo da cidade para seguir recollendo sinaturas contra  esta situación “insoportable” para as familias e  a mediana e pequena empresa. Presas asegurou que esta a situación “é un absoluto escándalo e demostra que as medidas do goberno central son insuficientes” e insistiu nas propostas do BNG: ”A rebaixa do IVE ao 4% de forma permanente e a creación dunha tarifa eléctrica galega”.

 E é que “Galiza é unha produtora excedentaria de enerxía eléctrica e non pode ser que asumamos os custos sociais e ambientais na crise dos encoros e o que nos veña de volta sexa unha factura da luz que é unha estafa”.

 

Te puede interesar