Músico e compositor

Borja Cao Iglesias: ‘O jazz galego está ben representado’

Borja Cao, nun concerto. (Foto: Arquivo)
Un disco concebido para chegar á xente, para que sexa escoitado. Así define o pianista ourensán Borja Cao o seu primeiro traballo como líder de ‘Borja Cao Trío’.
Baixo o nome de ‘Matchball’, sae a rúa o primeiro traballo do pianista ourensán Borja Cao Iglesias como líder da agrupación ‘Borja Cao Trío’, na que está acompañado de Juan Cañada ó contrabaixo e de Max Gómez na batería. Da mán do selo discográfico ‘Audia Récords’, este disco compacto é unha nova mostra do potencial que ten o jazz galego, unha tendencia musical que sempre chamou a atención deste músico, compositor e profesor de piano. ‘El cielo debe esperar’, ‘Something for you’, ‘House party’ ou ‘Siéntelo’ son só algúns dos temas que se poden escoitar nun disco que conta cunha decena de pezas musicais.

‘Borja Cao Trío’ ten en ‘Matchball’ a súa primeira referencia discográfica. Preséntase como un disco sen pretensións, pero como primeiro traballo a que aspira, que busca?

É un traballo sen pretensións no sentido de que non se busca vender miles e miles de exemplares, pero si ten pretensións. É un disco que fixen para á xente, para que sexa escoitado. O jazz é un estilo musical que sempre me gustou, non é nada improvisado.

Como se presenta a agrupación ante o público con este disco?

‘Matchball’ é un traballo discográfico que ofrece un pouco de todo, dende baladas ata tempos rápidos.

Tódolos temas do disco son da súa creación. Exerce de músico e de compositor.

É ‘Matchball’ un traballo persoal?

Non sei se o podería definir como persoal, o que si é é un reflexo das miñas influencias e das miñas vivencias, marcadas sempre por pianistas e compositores que tiran pola melodía. Son dos que apostan polo jazz máis melódico, polos sons clásicos porque é o que me gusta e porque é, a partir da melodía, como fago as cousas. Eso no quere decir que non poida evolucionar.

O jazz xa é unha música galega?

Creo que o panorama jazzístico en Galicia está bastante ben, hai un pouco de tódolos estilos. É un estilo musical que se pode decir que está representado na música galega.

Pódese traballar neste xénero sen saír de Galicia.

Creo que si. Podes ser un amante de jazz y traballar dende aquí, creo que non ten nada que ver.

Co primeiro disco á venda e exercendo tamén como profesor de piano no Conservatorio profesional de Música de Santiago, hai tempo para un segundo traballo?

O certo é que a agrupacación xa está traballando no seu segundo disco. Estamos nelo e pode que nesta nova aportación musical haxa algunha pequena evolución nas vertentes do jazz con respecto a este primeiro traballo.


Te puede interesar