Campus e Deputación de Ourense avanzan en convenios

Manuel Baltar e Manuel Reigosa, onte no Pazo Provincial.
photo_camera Manuel Baltar e Manuel Reigosa, onte no Pazo Provincial.

A Deputación de Ourense e a UVigo valoran como “exitosa” a colaboración na Ourense Mobile Week. O presidente do goberno provincial, Manuel Baltar e o reitor da institución académica, Manuel Reigosa, reuníronse no Pazo Provincial para analizar alianzas de futuro. Abordaron a necesidade dunha “axuda extra” ás titulacións do Campus, como Turismo, “nun ano tan especial como é este co AVE xa en funcionamento”.

Baltar valorou a “gran alianza” mantida coa UVigo e pediu a implicación para a próxima edición da Ourense Mobile Week. “Só catro provincias en España van desenvolver un plan de destino turístico intelixente e aquí cóntase coa colaboración esencial dun aliado como a Universidade de Vigo”, salientan dende o ente provincial. 

Reigosa respondeu “positivamente” á colaboración da UVigo na Mobile Week. “Estamos encantados de participar nesta actividade que foi moi exitosa”, sinalou o reitor. Avanzaron na elaboración de dous convenios, onde priman a promoción da oferta da UVigo e a participación na Mobile Week.

Te puede interesar