O Carrabouxo inicia unha xira pola provincia da Coruña

La figura del Carrabouxo.
photo_camera La figura del Carrabouxo.

O Carrabouxo viaxa a Santiago. O Centro Sociocultural O Ensanche, no corazón da urbe compostelá, acolle a exposición “40 anos do Carrabouxo” ata o vindeiro 5 de xaneiro. Trátase da mostra elaborada pola Deputación -exhibiuse hai un ano- que foi cedida á Deputación da Coruña e á asociación O Galo. Posteriormente, a exposición trasladarase tamén á Coruña e a Ferrol.

A mostra disposta en Santiago está patrocinada, ademais de polas institucións provinciais da Coruña e Ourense, polo Concello de Santiago, Afundación e pola Federación de Asociacións Culturais Galiza Cultura.

A exposición inclúe unha selección de viñetas do mítico personaxe, veciño de Ourense e habitante das páxinas deste xornal. Trátase de 40 situacións diferentes, unha por ano, escollidas entre as máis de 14.000 que foron concibidas a diario polo seu creador, Xosé Lois.

Te puede interesar