Castrelo de Miño rexeita por unanimidade a incineradora

A Corporación de Castrelo de Miño aprobou onte por unanimidade rexeitar a creación dunha planta incineradora de residuos no sur de Galicia e o plan de xestión de residuos urbáns proposto pola Xunta.
Os grupos municipais do PP e do PSdeG diron o voto favorable a moción presentada polo alcalde nacionalista Xurxo Rodríguez. Desta maneira, acordaron manifestar o rexeitamento do Concello de Castrelo de Miño á implantación da planta incineradora e do complexo de residuos urbanos na comarca do Ribeiro e limítrofes, e tamén en calquera territorio de Galicia. Tamén se posicionaron contrarios ó novo plan de xestion de residuos urbanos, por priorizar a incineración fronte á reciclaxe no tratamento de resíduos.

A Corporación decidiu solicitar á Xunta que comunique canto antes cal vai ser a ubicación definitiva da incineradora e do complexo de residuos urbáns do sur de Galicia, 'e non oculte unha decisión de vital importancia e transcendencia por motivos electorais', recolle a moción. O acordo trasladarase á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras e á Deputación.

Te puede interesar