Provincia

Catorce empresas aspiran a manter a AG-53 e a AG-54 durante catro anos

A Xunta recibiu 14 ofertas para levar a cabo a conservación e o mantemento da autovía Dozón-Ourense (AG-53) e do seu ramal cara ao Carballiño (AG-54) para os vindeiros catro anos, o que suporá un investimento de 7,6 millóns de euros. 

O servizo inclúe tarefas de conservación e de vialidade invernal na AG-53, AG-54 e todos os ramais de enlace, camiños de servizo e cruces. As actividades desenvolveranse tendo como base o centro de control e explotación existente no enlace coa estrada OU-504 en Cea. A adxudicataria tamén deberá realizar as actividades de conservación extraordinaria para pór en situación inicial as características dos elementos da estrada.

O contrato súmase aos impulsados para asegurar a conservación e a vialidade invernal na rede autonómica os vindeiros 4 anos, recentemente licitados por máis de 130 millóns. 

Te puede interesar