Incendios

Cincuenta militares da BRILAT traballan na provincia para loitar contra os lumes

26 julio 003
photo_camera O subdelegado do Goberno en Galicia, Emilio González, co xeneral xefe da BRILAT, Antonio Romero Losada, Espino Rodríguez, efectivo brigada, e o subdelegado de Defensa, Gustavo Doncel Paredes.

O subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González, reuniuse este xoves con membros da Brigada de Infantería Lixeira en Galicia para informar dos dispositivos activos e o tipo de traballo que levan a cabo en cada época do ano

O subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González Afonso, mantivo este xoves unha reunión con Antonio Romero Losada, xeneral xefe da BRILAT (Brigada do Exército en Galicia), acompañado de Espino Rodríguez (efectivo brigada), e o subdelegado de Defensa, Gustavo Doncel Paredes.

En dita reunión informouse ó Subdelegado sobre os dispositivos activos e o tipo de traballo que levan a cabo segundo en época do ano. En concreto, estudiaron as estratexias a levar a cabo para a prevención dos lunes e cómo extinguilos. 

Na actualidade existen tres zonas de base operativa na provincia de Ourense: Lobios, Vilariño de Conxo e Pobra de Trives. Na primeira contan con 15 militares e 5 vehículos, e nás restantes contan con 35 militares e 16 vehículos entre ambas.

En función das necesidades van mudando a zona e o despliegue de efectivos e recursos. Indican ademáis que hai determinados puntos de observación onde existe maior risco e alí incrementan o número de patrullas.

O Subdelegado recoñece a "importante labor que realizan os efectivos da BRILAT na nosa provincia e ofrece a máxima colaboración para obtener una óptima coordinación da Subdelegación co exército na provincia no período da estancia militar, ofrecendo os operativos pertinentes".

Te puede interesar