A TVG acadou unha cota de pantalla do 21,6%, só superada por ‘Aguila roja’, de Televisión Española

‘Comando chef’ foi o programa máis visto do xoves na súa estrea na Televisión de Galicia

André Arzúa, Isabel Bugallo e Rafa Durán.
Era a súa primeira aventura e conseguiron superala con creces. O equipo de ‘Comando chef’ presentouse o xoves ante a audiencia da Televisión de Galicia e logrou enganchala. Este novo ‘reality show’ que combina cociña, humor e sorpresa, logrou unha cota de pantalla do 21,6 por cento. Esto supón que foi o programa da TVG máis visto do día e que na súa franxa horaria só foi superado por ‘Aguila roja’, de TVE. O próximo xoves, o comando presentarase cun novo reto.
Nin o debate de investidura do novo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, conseguiu superalo. ‘Comando chef’, o novo programa da TVG, estreouse este xoves cunha audiencia do 21,6%. Isto significa que 211.000 persoas foron testemuñas do primeiro reto prantexado a este particular comando, integrado por Isabel Blanco (presentadora), André Arzúa (cociñeiro) e Rafa Durán (maitre). No seu debut, presentáronse na casa de Gelucha dispostos a preparar unha cea en 60 minutos que despois compartiría con Roberto Vilar, conocido popularmente como ‘Tonecho’.

‘Comando chef’ foi o programa do pasado xoves máis visto na Televisión de Galicia. O seu 21,6% de cota conseguiu superar aos informativos e o debate de investidura do novo presidente da Xunta, que chegou a alcanzar o 19,5%. Esta porcentaxe sitúa o programa seis puntos por riba da media diaria da cadea autonómica e a 11,6 da media do último mes para a franxa horaria.

No momento de emisión de ‘Comando chef’ (empezou ás 21,40 horas), só outra cadea, TVE, con ‘Aguila roja’, acadou más audiencia que a TVG (un 24,8%). Así, ‘Sin rastro’, de Antena3, alcanzou o 10,7%; ‘El intermedio’, de La Sexta, o 6,8%; ‘Supervientes’, de Telecinco, o 16,5%, e ‘El hormiguero’, de Cuatro, o 8,2 por cento. Deste xeito, a TVG converteuse na terceira cadea máis vista en ‘prime time’, cun 17,2%. Telecinco situouse nun segundo lugar, cun 17,5%, unha porcentaxe mínima (hai que ter en conta que ‘Supervientes’ ten unha duración maior). Respecto ás canles autonómicas, só as de Cataluña, cun 18,4%, alcanzaron cotas superiores á galega en ‘prime time’.

Invitados Os membros de ‘Comando chef’ presentaranse o próximo xoves cun novo reto. Este novo espazo da TVG, idea orixinal de José Manuel Díaz, consiste en presentarse na casa dun galego (sen previo aviso) coa intención de preparar unha cea para poder compartila cun famoso. Para elo, disporase só de 60 minutos e unicamente poderase cociñar co que haxa na neveira, sen mais. A imaxinación e o asesoramento de André Arzúa e Rafa Durán, todos uns expertos na materia, serán fundamentais para superar a proba e o reto con éxito.

Os invitados a ‘Comando chef’ son sempre personaxes coñecidos. Arsenio Iglesias, Rubén Riós, Nucha e Mucha, Israel Pita, Marcial Mouzo, Farruco, Patxi Salinas ou Xosé Manuel Piñeiro ‘Super Piñeiro’, son algúns dos participantes dispostos a presentarse na casa de algún galego para compartir unha boa comida. Na próxima cita, o presentador Xosé Ramón Gayoso será o encargado de cear con Otilia... sen previo aviso. Mentres, vaian preparando as súas despensas, neveiras e mantelería porque unha noite calquera poden recibir invitados sen previo aviso.

Te puede interesar