A iniciativa está encuadrada dentro do Día Internacional de Tolerancia Cero contra a Mutilación Xenital Femenina

O Concello ourensán repartirá mañá a guía 'Clítoris e os seus segredos'

O Concello de Ourense participará, mediante as Concellerías de Saúde, Igualdade e Educación, na conmemoración do Día Internacional de Tolerancia Cero contra a Mutilación Xenital Feminina, que se celebra mañá 6 de febreiro. A guía didáctica “Clítoris e os seus segredos”, elaborada polo equipo de profesoras do campus de Ourense María Lameiras, María Victoria Carrera e Yolanda Rodríguez e coas ilustracións de M. Elisabeth Rodríguez, será distribuída entre centros de saúde e centros educativos da cidade de Ourense.

O obxectivo da iniciativa é contribuír na erradicación desta práctica, que constitúe unha violación dos dereitos humanos de máis de 140 millóns de mulleres e nenas no mundo, consistente na eliminación de texido de calquer parte dos xenitais por razóns culturais, ideolóxicas ou relixiosas.

A guía ten recibido o primeiro premio de recursos didácticos con perspectiva de xénero Antonia Ferrín Moreiras convocado pola Universidade de Vigo no ano 2013.

Te puede interesar