O Concello terá un novo sistema de xestión de expedientes e de facturación

O equipo de goberno do Concello da cidade porá en marcha, tras aprobalo onte, a implantación dun sistema de xestión de expedientes.
Tamen fará o mesmo para obter unha fórmula de facturación electrónica e da arquitectura tecnolóxica que soporte as bases de datos do sistema a implantar, para a execución do proxecto ‘E-Ourense Plataforma’ de servicios telemáticos avanzados do Concello. Iste proxecto foi adxudicado á empresa Tecnocom Telecomunicaciones y Energía S.A., por un importe total de 224.692 euros. Co desenvolvemento desta iniciativa, favorecerase a reducción dos tempos de espera de documentos nas distintas dependencias municipais.

Máis calidade

Ademais, e segundo as primeiras previsións, servirá para mellorar e controlar a calidade dos servicios, e a potenciación do uso das novas tecnoloxías da información e as comunicacións para acceder ós servicios municipais, a través de internet ou sistemas de xestión electrónica.


Te puede interesar