Concentración veciñal contra a mina de feldespato en Xinzo de Limia

A Plataforma Veciñal Corno do Monte convoca á unha concentración cidadá que terá lugar mañá (coincidindo coa segunda feira mensual de Xinzo), ás 12,00 horas, en Xinzo a carón do Museo Galego do Entroido. O lema da concentración será 'A mina ou nós', en ferencia á mina de feldespatos que a empresa de Castellón Minercer S.L. pretende ubicar en Xinzo.
'Á concentración está chamada toda a veciñanza da Limia, empresarios, comerciantes, organizacións ecoloxistas, sindicais e todas aquelas que rexeiten este proxecto', sinalan dende a Plataforma.

Te puede interesar