TEJIDO EMPRESARIAL

Conde eloxia as vantaxes da formación en empresas

Coasa
photo_camera Francisco Conde, onte na súa visita ao centro de estudos de Coasa. (FOTOS: ÓSCAR PINAL)

O titular de Economía, Emprego e Industria visitou o centro de formación de Coasa

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, visitou este venres o centro de formación de Coasa en San Cibrao das Viñas, que arrincou o pasado mes de outubro, especializado en aeronáutica e onde se imparte o programa de unidades formativas na empresa, na que 24 desempregados recibiron xa cualificación e outros 12 rematarán a mesma en abril. 

Esta iniciativa formativa, que imparte a propia compañía, combina teoría e práctica, e a iso engádese o compromiso da empresa de contratar a unha vintena de alumnos (15 xa o están) , dos 36 formados. 

Na súa visita, Conde destacou que a formación adaptada ás necesidades empresarias " fortalece o proceso produtivo e é clave para dar resposta á transformación tecnolóxica".  Neste senso, salientou que a industria aeronáutica está en "pleno desenvolvemento" polas capacidades amosadas polas empresas e o Polo Aeroespacial de Galicia. 

Este proxecto está dirixido  a ocupados e desempregados e, no caso destes últimos, as empresas contan co compromiso de contratar a un mínimo do 40%. 

Te puede interesar