Ourense

Contra o frío: caldo e licor

Ourense

Contra o frío: caldo e licor

Varios vecinos y vecinas de Calvos de Randín narran como hacen frente al frío que asola cada invierno la localidad de Calvos de Randín, donde se alcanzan temperaturas bajo cero. FOTO: ÓSCAR PINAL
photo_cameraVarios vecinos y vecinas de Calvos de Randín narran como hacen frente al frío que asola cada invierno la localidad de Calvos de Randín, donde se alcanzan temperaturas bajo cero. FOTO: ÓSCAR PINAL
Os veciños de Calvos de Randín xa están acostumados aos amenceres xeados. As temperaturas baixo cero son comúns para esta poboación que xa non sente as súas consecuencias: "O mellor é traballar, así non se nota nada".

Na provincia hai un municipio que cada inverno se fai famoso polas súas baixas temperaturas. Calvos de Randín rexistra as noites máis frías e os veciños xa rin sobre o tema. Ante a chegada dalgún que outro forasteiro, xa con cámara en man, suscita algún que outro comentario: "Non viredes polo do frío, non?", pregúntase Jaime Barroso.

Este veciño, mentres anda a limpar na rúa, xa non sinte as baixas temperaturas: "Estamos acostumados, isto non é nada comprado con hai anos", conta Barroso. Recorda outras épocas nas que a montaña estaba "chea" de neve durante moitos meses. "De nenos xogabamos no río por riba do carambelo, aínda que era perigoso, nós  pasabámolo ben", rememora. Pese a elo, ponse a limpar para non ter frío: "Hai que traballar un pouco para entrar en calor", aconsella. Pero esa non é a súa única recomendación, uns "chupitos de licor" tamén son o seu segredo. 

De nenos xogábamos no río por riba do carambelo e pasábamolo moi ben", conta Jaime Barroso

ando outro veciño sae a mirar pola ventá, alertado polo son do panadeiro, chanza coa meteoroloxía: "Aquí dentro non fai frío ningún", conta dende o interior da súa casa. Barroso aproveita o momento para comparar Calvos cun clima que nada se lle asemella: "Estamos aquí coma nas Canarias!", afirma entre risas. Os dous destacan que as primeiras horas da mañá son "as peores" coas temperaturas máis baixas.

CALVOS DE RANDÍN (CALVOS DE RANDÍN). 13/01/2020. OURENSE. Varios vecinos y vecinas de Calvos de Randín narran como hacen frente al frío que asola cada invierno la localidad de Calvos de Randín, donde se alcanzan temperaturas bajo cero. FOTO: ÓSCAR PINALRamón

E é o tema de conversación no Café Bar Taxi, que se atopa no centro de Calvos de Randín. Natalia Alfonso traballa alí e trasládase todos os días dende Xinzo. "Cando veño para aquí, sobre as sete e media da mañá, podo ter -5 ou -6 grados", explica. As xeadas son a peor parte para Alfonso, porque  baixan aínda máis os termómetros: "Calvos xa é famosa polo frío", comenta rindo. 

Los clientes non paran de pedir cafés ben quentiños nas súas visitas a este establecemento. "Todos os días falan diso, pero xa están acostumados", opina Alfonso. Para mellorar a súa estadía no bar Taxi, unha estufa e calefacción, pero tamén algo apetitoso: "Neste tempo non hai nada mellor ca un caldo ou un cocido para entrar en calor", conta.

CALVOS DE RANDÍN (CALVOS DE RANDÍN). 13/01/2020. OURENSE. Varios vecinos y vecinas de Calvos de Randín narran como hacen frente al frío que asola cada invierno la localidad de Calvos de Randín, donde se alcanzan temperaturas bajo cero. FOTO: ÓSCAR PINAL
Nas conversas, as mellores opcións para evitar o frío son quedar na casa ou traballar. Se toca saír, mellor buscar o calor. "Un vaso de viño tampouco ven mal", afirma Abel Barrio. Este veciño ten algunha que outra anécdota doutros tempos: "En O Silvoso había nevadas tan fortes que os veciños botaban case todo o inverno sen saír da casa, cando o facían, estaban todos afumados das cociñas", narra.

Tomás Gallego destaca que é "normal" a temperatura: "Estamos a más de 900 metros, tiene que hacer frío". Rosa Gándara rememora as épocas nas que se precisaba dunha pa: "Chegaba a neve ata as portas", afirma e sinala que vive o frío de "marabilla". Dimas Rodríguez recomenda contra o frío "chourizos e vasos de viño".

Calvos rexistra a temperatura máis baixa onte, -5,6 graos
Unha nova noite, a temperatura mínima de Galicia foi onte en Calvos de Randín, con -5,6 graos. En Verín acadaron os -4,6 grados, seguido de cerca polos -4,2 de Baltar, nunha xornada na que a provincia estivo en alerta amarela polas baixas temperaturas. Para hoxe espérase unha subida das mínimas e das máximas, con ceos cubertos e algunhas precipitacións no sur da provincia, segundo Meteogalicia. Manterase un aviso amarelo por forte vento nos puntos máis altos.