RECOÑECEMENTO

O crego Miguel Fernández recolle o Freire Carril, de Agromadas

photo_camera Miguel Fernández Grande, terceiro pola esquerda, onte en Seixalbo.

A Asociación Cultural Agromadas entregou onte o Premio Freire Carril ao párroco Miguel Fernández Grande, como recoñecemento ao labor social dunda vida adicada "á defensa da cultura, o idioma e a dignificación e mellora do benestar das persoas do rural". 

Así, como é tradición, o décimo premiado polo Freire Carril recibiu o galardón en Seixalbo, na sede da asociación, no marco da XIII edición da Festa dos Foros. 

En palabras de Manuel Herminio Iglesias, presidente do colectivo cultural, Fernández Grande  foi "unha persoa sensible que soubo adaptarse a unha sociedade rural pobre coa que colaborou para o seu desenvolvemento dunha maneira moi comprometida". 

En concreto coa xente da súa parroquia, Parada de Outeiro (Vilar de Santos), que desde Agromadas sinalan como "modelo e exemplo a día de hoxe para otros moitos lugares de Galiza". 

Así, o xurado de Agromadas puxo en valor na entrega desta distinción que o sacerdote Fernández Grande defendeu a cultura e o idioma "sen ambaxes". 

Te puede interesar