A festividade do Día de todos os Santos encherá mañá os cemiterios de toda a provincia. É unha emotiva xornada na que se honra ós seres queridos que xa non están, decorando os nichos con ramos e centros florais

Crisantemos verdes para os mortos

Un grupo de persoas elixen un centro de flores. (Foto: MIGUEL ÁNGEL)
O Día de todos os Santos, que se celebra mañá, é unha xornada expecial dentro do calendario de outono, adicada a honrar e traer á memoria ós seres queridos que faleceron. Os cemiterios énchense de flores e son moitas as persoas que mercan centros e ramos para decorar os nichos dos que xa non están. Entre as flores máis demandadas para esta ocasión atópanse os caraveis e os crisantemos, empregadas en moitas cerimonias como símbolo de lonxevidade.
Aínda que este ano está especialmente marcado pola crise, os comerciantes das florerías, que afrontan longas xornadas de labores, aseguran que, 'nun día no que se celebra unha tradición con tanto valor sentimental, a xente non adoita escatimar en gastos cando se trata de lembrar ós seres queridos'. Segundo o presidente da Asociación de Floristas de Ourense, Servando Vázquez, 'os prezos subiron bastante -como consecuencia do incremento do IVE- pero nós estamos tratando de poñer uns límites para que o negocio continúe tendo unha boa acollida'. Vázquez afimou que 'este é o día dos crisantemos, vendemos todas todas as súas variedades, aínda que moita xente decántase pola variedade verde, ademáis dos lirios, as orquídeas e as rosas'. En canto ás cores, 'solicitan todas as tonalidades, porque á xente gústalle celebrar este día de recordos no medio da alegría que aportan as flores'. Vázquez censurou a 'competencia desleal' que aparece con motivo do Día de todos os Santos, xa que 'aparecen moitos postos sen licencia nin permisos, aproveitanto a gran afluencia de xente, e perxudícanos ós que pagamos relixiosamente os impostos'.

Para o dono da florería Milagros Albitos da Praza de Abastos, Juan Bautista Atrio, 'a crise si que se está notando, porque os clientes xa non gastan tanto'. A afluencia segue sendo a de todos os anos, porque á xente gústalle seguir esta tradición, 'pero agora gastan menos', di.

Un centro floral, que é o máis demandado, custa entre 20 e 50 euros, pero 'tamén se presenta algún pedido especial de 100 euros ou máis'. Bautista explicou que a xornada de máis afluencia é mañá, xa que 'á xente gústalle vir polas flores no mesmo día que as van colocar nos cemiterios', por iso os floristas da Praza e os locais de venda de flores abren o festivo.

Te puede interesar