“Cuñados" chega a máis de 120 cines en España

A película "Cuñados", gravada íntegramente na provincia durante o pasado verán, chega hoxe a máis de cen salas de cine de toda España. A longametraxe, dirixida polo ourensán Toño López e producida polo tamén ourensán Alfonso Blanco (Portocabo), conta co apoio da Deputación de Ourense na súa intención de convertir a provincia nun plató de cine. A estrea oficial de "Cuñados", unha comedia que relata as peripecias de tres cuñados no Ribeiro e noutros lares, foi o pasado domingo no Teatro Principal de Ourense. Esta semana tamén chegou a preestrea a Madrid, pero hoxe é o día oficial no que máis de 120 cinemas de toda España poderán desfrutar da película.

"Cuñados" conta con algunhas das caras máis recoñecidas do panorama cinematográfico galego como son Xosé A. Touriñán , Miguel de Lira e Federico Pérez Rey. A réplica feminina atopámola en Eva Fernández, Iolanda Muiños e María Vázquez. Filmax encárgase da distribución en España da longametraxe, así como das vendas internacionais. 

Te puede interesar