David Bruzos: “ Para que a xente non marche é prioritario xerar emprego e ter servizos públicos"

2020070322514426160

Dentro del abanico de opciones de izquierda que se presentan a los comicios autonómicos, Galicia en Común quiere (y ampliar) mantener su espacio. David Bruzos es el cabeza de lista provincial. El ourensano confía en poder trasladas "as medidas sociáis" que está realizando el Gobierno de coalición en Madrid a Galicia y Ourense.

Cales son as principais propostas de Galicia en Común para Ourense?

Como amosan os principais indicadores tanto de emprego, da situación económica, da poboación tamén pois son terribles. Temos unha provincia tremendamente envellecida, unha de cada tres persoas marcharon ou se perderon nos últimos corenta anos, entorno a 120.000 persoas, que é como dicir que desapareceu toda a cidade de Ourense. Entón ante esta situación a nosa proposta baséase fundamentalmente en que, para asentar poboación, para que a xente volva e se quede a vivir aquí é necesario que haxa emprego, iso é fundamental, pero tamén é necesario que existan uns servizos públicos en toda a provincia,

Que é o que diferencia a Galicia en Común doutras propostas políticas?

Nós temos unha proposta que efectivamente está centrada en Ourense provincia e no resto do país pero que sí que pensamos que é fundamental porque sigue unha liña que marca o Goberno do Estado no que participamos en coalición, temos a varias ministras, en concreto de Galicia en Común está Yolanda Díaz, que é  Ministra de Traballo e Economía Social, e que ten levado a cabo as medidas que nós consideramos as máis valentes e as máis incisivas para beneficiar a traballadoras, pequenas e medianas empresas e a xente que o está pasando mal.

Que ten vostede como candidato de especial fronte a outros?

Eu dicía ata o de agora que son docente, levo casi 18 anos impartindo clases nos servizos públicos e creo que son coñecedor da situación do ensino. Ademais diso diría humildemente  que veño de anos de militancia nos movementos sociais e iso tamén da un pouquiño unha visión global de cal é a situación da provincia.

Cales son as expectativas de cara ás autonómicas?

Nós imos con moita ilusión a estas eleccións, sempre nos tomamos as campañas así porque pensamos que temos un traballo fantástico feito detrás. Sinceramente, é o momento de sacar a Feijóo da Xunta de Galicia.

Te puede interesar