David Rodríguez: “O ourensán é moi solidario: sempre participa na Gala Contra o Cancro”

David Rodríguez.
photo_camera David Rodríguez.
David Rodríguez é o organizador da Gala Contra o Cancro

O venres día 15, a cidade ten unha cita coa solidaridade. O Auditorio Municipal acolle a VIII Gala Contra o Cancro, organizada polo presidente da Asociación Cultural As Canellas, David Rodríguez (Ourense, 1993). O custe da entrada é de 8 euros, e os beneficios serán doados integramente á Asociación Española Contra o Cancro (AECC).

Esta é unha edición especial, despois de tres anos sen gala.

Si, levamos varios anos pensando en facer unha edición 100% feminina, e por fin a fixemos. Durante a pandemia non puidemos facela, e aproveitamos para empezar de novo, con novas propostas.

Que artistas participarán?

Teremos, coma sempre, a artistas de gran nivel. Virá a coñecida Pili Pampín; Sabela, que estivo en Operación Triunfo; humoristas de moda como son Arantxa Treus e Jazmín Abuín, ou as ourensás de Meigas Tribal, que xa estiveron na primeira edición da gala. Todos os artistas cos que temos contactado sempre responden moi ben, sempre están dispostos a colaborar gratuitamente.

Desa primeira edición hai xa 10 anos… esperaba chegar tan lonxe?

Dalgunha forma si porque dende o primeiro ano a xente quixo participar. Eu comecei con 20 anos, porque me gusta axudar a quen o necesita e porque viña de perder a unha persoa próxima. 

A sociedade ourensá é solidaria?

Sí, moito, e nótase. A xente segue respondendo edición tras edición, comprando as entradas, participando na gala. E, ademais, todos tenemos a algún familiar ou amigo que faltou ou que está loitando coa enfermidade do cancro.

Canto diñeiro recaudan?

Normalmente, entre as entradas que sempre se agotan e os patrocinadores, chegamos aos 4.000 euros por ano. Xa levamos uns 40.000 euros doados a AECC.

Te puede interesar