O delegado da Xunta visitou as zonas queimadas no Macizo Central

A Xunta anunciou que están traballando para facer máis resistente o territorio fronte aos lumes, desde distintos ámbitos agrícolas e forestais

O delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, mantivo unha serie de reunións cos rexedores dos municipios castigados polo lume este pasado verán. Concretamente, o representante galego reuniuse con Manuel Conde, alcalde de Vilar de Barrio; Melisa Macía, de Vilariño de Conso, e Francisco Rodríguez, de Chandrexa de Queixa. Alén quixo comprobar in situ a afectación dos lumes forestais rexistrados no Macizo Central ourensán e avaliar a situación cos seus alcaldes. 

O delegado territorial anunciou que a Xunta está traballando nunha resposta integral para facer máis resistente o territorio fronte aos lumes, desde distintos ámbitos agrícolas e forestais. 

Por outra banda, o representante do Goberno galego en Ourense agradeceu e puxo en valor o traballo dos servizos de extinción, así como dos medios de emerxencias despregados, para controlar os lumes que afectaron a provincia, remarcando a capacidade de actuación do colectivo de extinción.Tamén agradeceu a implicación das administracións locais.

Te puede interesar